Escoitar

Ana María Echeandía relevará a Javier García na vicesecretaría xeral do Concello

martes, 15 xan 2002

Ana María Echeandía, vicesecretaria do concello de Las Palmas, será quen substitúa a Javier García Martínez como vicesecretario xeral do Concello de Vigo. Ana María Echeandía incorporarase o vindeiro mes ao seu novo posto, que ocupará en comisión de servicios. Entrementres, as tarefas do secretario vainas desempeñar provisionalmente o xefe de servicio de Réxime Interior, José Rodríguez Calvo.

Javier García deixou o seu posto de vicesecretario xeral do Concello para traballar nun prestixioso bufete de avogados. Os membros da corporación municipal despedíronse del nun acto no que se lle entregou unha placa e recibiu os parabéns do alcalde e dos concelleiros vigueses.