Fremap cubrirá os accidentes de traballo dos funcionarios municipais
O goberno municipal seleccionou a Fremap como entidade colaboradora da seguridade social para a cobertura dos riscos derivados de accidentes de traballo e enfermidades profesionais dos empregados municipais. A oferta de Fremap foi a mellor valorada das cinco que se presentaron e contou co informe favorable do Comité de Persoal.
Fremap comprométese a poñer en marcha un Plan de control do absentismo laboral mediante un seguimento das baixas que se produzan. A empresa realizará unha avaliación de riscos de todos os postos de traballo do Concello e porá ao servicio da administración local un técnico de prevención laboral. Ademáis Fremap vai realizar campañas de prevención de riscos e cursos de formación para os traballadores municipais.