Escoitar

Comezan os traballos de renovación do saneamento de Pi y Margall

venres, 11 xan 2002
O luns, día 14 de xaneiro, principiarán os traballos de renovación da rede de saneamento da rúa Pi y Margall. O Concello decidiu substituir as vellas conduccións desta rúa ante a evidencia do seu mal estado e o risco permanente de que se producisen escapes e socavóns.

As obras consistirán na colocación de medio kilómetro de novas conduccións de augas residuais e pluviais. Construiranse 132 acometidas, 33 pozos de rexistro e novos sumideiros de bordillo. O prazo de execución estimado é de 5 semanas. O Concello inviste nesta obra 221.996 euros ( 36.851.500 ptas).

Para a execución das obras vai ser necesario o corte do tráfico de vehículos en ámbolos dous sentidos, no treito comprendido entre o Paseo de Alfonso e a rúa Chile. Este corte de tráfico afectará tamén ás liñas de autobuses que circulan por Pi y Margall: as números 2-5-6-8-9-12-16-18-20 e nocturna. En dirección á praza de América estas liñas farán o percorrido por Camelias, Pintor Lugrís e López Mora. En sentido centro circularán por Camelias e Romil.