Escoitar

Convocatoria dun concurso creativo sobre ”as cousas do mercado”

xoves, 10 xan 2002
imx961.jpg
Normalización Lingüística organiza un concurso de creación artística sobre a temática xeral do mercado. As modalidades que se establecen para a participación son relato curto, banda deseñada e narración.O concurso está aberto á participación de todas as persoas interesadas e cada autor ou autora poderá presentar o número de obras que queira.

Establécense dúas categorías, de 10 a 14 anos e maiores de 14 anos. Nas bases xerais do concurso figura que as obras presentaranse en papel sen identificar e constatando o seu título na parte superior. Entregarase dentro dun sobre pechado, co título da obra no exterior, que se remitirá ó mercado do Progreso. Tamén en sobre pechado enviaranse os datos completos do autor ou autora acompañando á obra.

Características das modalidade

Banda deseñada
- formato din A4 ou din A3 ( mínimo 2 e máximo 6 páxinas)
- textos íntegramente en galego
- data tope de presentación 15 de febreiro.
- os premios serán diploma e vale de 90,15: 60,5 e 30,05 € para un lote de libros.

Relato curto
- relatos orixinais, escritos en galego, cunha extensión máxima de 4 folios mecanografados en letra tamaño 12 e dobre espacio.
- data tope de presentación 15 de febreiro.
- os premios serán diploma e vale de 90,15: 60,5 e 30,05 € para un lote de libros.

Narrativa
- relatos orixinais, escritos en galego cunha extensión mínima de 5 folios, mecanografados en letra tamaño 12 e dobre espacio.
- Data tope de presentación 16 de maio.
- Os premios serán diploma e vale de 150,25: 90,15 e 60,5 € para un lote de libros.





Descargar todas as imaxes