O Concello apoia que o novo xulgado de primeira instancia se dedique en exclusiva a asuntos de familia
Os grupos políticos con representación no Concello de Vigo decidiron dirixirse ao Consello Xeral do Poder Xudicial para solicitarlle que o novo xulgado de primeira instancia de Vigo se dedique en exclusiva a atender asuntos de familia. As forzas políticas municipais únense así a unha demanda manifestada por numerosas entidades sociais e do ámbito xudicial.
Os grupos municipais consideran que os asuntos que se tratan a través do xulgado de familia son de maior trascendencia e importancia que calquera outro de carácter civil e que ademáis afectan a colectivos especialmente necesitados de protección, como son menores en situacións de risco ou os supostos de malos tratos familiares.
Dase a circunstancia de que Vigo ten un volume de poboación xove superior ao do resto de Galicia, o que propicia unha maior incidencia da problemática conxugal e parental. Iso está a provocar retrasos na tramitación destes casos, polo que os grupos municipais estiman necesario que o novo xulgado de primeira instancia teña unha dedicación en exclusiva para os asuntos de familia.