Escoitar

O Concello tramita a creación dunha praza de 2 mil metros cadrados no Calvario

xoves, 10 xan 2002
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou inicialmente o Estudio de Detalle IV-11 Colombia, un proxecto urbanístico que prevé a creación dunha praza axardinada de 2.527 m2 entre as rúas Colombia e Couto de San Honorato, no Calvario.

O Estudio aprobado ordena a urbanización de máis de cinco mil metros cadrados de superficie de solo urbano en pleno centro da cidade, cunha edificabilidade de 1m2/m2. A tipoloxía edificatoria que se establece é a de bloques illados agás na fronte da rúa Colombia, onde será edificación pechada.

A confluencia entre as ruas Colombia e o Couto de San Honorato resolverase coa creación dunha praza con xardíns. Ademáis prevese unha reserva de espacio para zonas verdes de case mil metros cadrados.

Este Estudio de Detalle vai ser sometido a exposición pública antes da súa aprobación definitiva.