Máis de 20 mil persoas asistiron os concertos de música ARE-MORE
A segunda edición do Festival de Música de Vigo ARE-MORE conseguíu unha audiencia de máis de vinte mil persoas, segundo os datos presentados hoxe en rolda de prensa polo concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe e o director do Festival, Roberto Relova. 28 concertos baixo o título xenérico de ” Os camiños do amor” configuraron a programación do festival que se celebrou entre os pasados meses de outubro e decembro.
O concelleiro de Cultura manifestou que ” o éxito de público e as actuacións únicas, ARE-MORE converteuse , en dous anos, no mellor festival de música culta de Galicia e conseguíuse crear un fenómeno cultural”. Pola súa banda o director do Festival, Roberto Relova, destacou que ARE MORE amosa que en Vigo hai público para este tipo de manifestacións culturais.
Artistas de recoñecido prestixio internacional actuaron no festival. Grandes voces s como Ute Lemper, Angeles Blancas, María Bayo, Eva Mei, Isabel Blanco, Mirella Freni ou Ann Murray. O programa tamén contou con grandes solistas, encontros de cámara, concertos de formación de públicos, ópera.
Os escenarios dos concertos foron o cine Fraga-Caixa Galicia, o conservatorio superior de Música, a Concatedral, o Museo de Arte Contemporánea e o Hotel Meliá de Mondariz.
O festival ,cun presupostos de 120 millóns de pesetas, tivo o patrocinio de PSA Peugeot Citroën, Aguas de Modariz, Consorcio da Zona Franca, El Corte Inglés, Fundación Caixa Galicia e Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes