O Arquivo Pacheco dá a coñecer a historia de Vigo no Brasil
O Arquivo Fotográfico Pacheco, pertencente ao Concello de Vigo, dá a coñecer estes días a historia de Vigo e das súas xentes na cidade brasileira de Niterói, a través dunha exposición enmarcada no "Encontro con España" que se celebra ao longo deste mes nesa localidade.
Con esta exposición, composta por 55 fotografías, o Arquivo Pacheco pretende mostrar o que é e o que foi Vigo en tres momentos da súa historia. Deste xeito, a sección "Antonte" presenta a Vigo nos primeiros anos do século XX, con imaxes da cidade, da xente e da realidade vivida neses anos.
No espazo dedicado ao "Onte", a década dos 50 eríxese como referencia do inicio do desenvolvemento da cidade. Así, vense reflectidos momentos de cambio que dan testemuño do que foi o paso dunha vila a unha gran cidade.
Finalmente, en "Hoxe" catro fotógrafos novos ofrecen as súas particulares visións do Vigo do século XXI, seguindo a tradición dos gabinetes de fotografía do XX. Son Javier Albertos, Ramón Vaquero, Carolina González e De Sousa.
As 55 fotografías que compoñen a mostra, titulada "Vigo en tres momentos", están expostas este mes de abril na Sociedade Fluminense de Fotografía de Niterói, cidade próxima ao Rio de Janeiro. A localidade acollerá ata fin de mes diversas actividades no marco do "Encontro con España" organizado polo seu Concello.
O acervo do Arquivo Pacheco está formado por cerca de 140.000 imaxes, captadas por diversas xeracións de fotógrafos. Debido á súa variedade temática, o Arquivo Pacheco representa unha crónica da vida dos habitantes de Galicia desde o inicio do século XX.
O Concello de Vigo adquiriu este patrimonio en 1991, data a partir da cal ten realizado diversas accións para garantir a conservación dos orixinais a través da súa dixitalización e para pór en marcha os mecanismos necesarios para unha axeitada catalogación e o fácil acceso do público en xeral.
Descargar todas as imaxes