Escoitar
Turismo

Convocatoria de 12 bolsas para realizar prácticas nas oficinas de información e servicios turísticos

Comunícase a tódalas persoas interesadas que as bases da convocatoria de doce becas para a realización de prácticas nas oficinas e servicios de promoción turística están no servicio de Información do Concello de Vigo a disposición dos/as interesados/as.

mércores, 12 abr 2006
As bases constitúen unha axuda pecuniaria para a obtención da debida formación dos beneficiarios/as e, en ningún caso, supoñen ningún tipo de relación laboral ou contractual co Concello.

Requisitos

Poderán optar ás bolsas:
- Os/as diplomados/as en empresas e actividades turísticas.
- Os/as técnicos/as superiores en información e comercialización turística.

O período da duración da bolsa e do 15 de xuño de 2006 ó 15 de outubro de 2006.

A dotación económica da totalidade da bolsa será de 3.000 euros polos catro meses (o importe da axuda será obxecto das correspondentes retencións).

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo dentro dos dez días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no B.O.P. Poderán remitirse, así mesmo, ó Rexistro Xeral no prazo antes indicado, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude, currículo vitae con foto e todos e cada un dos documentos esixidos na base sétima da convocatoria. A comisión de avaliación non someterá a estudio aqueles méritos que non estean debidamente acreditados.

A decisión da Comisión de avaliación publicarase no taboleiro de ditos do Concello.

Para máis información: 986 81 01 99//986 81 02 16