Xa está aberta ao público a Feira da Infancia e Xuventude
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, inaugurou no pazo de exposicións de Cotogrande a I Feira da Infancia e Xuventude que se desenvolve ata o día 30 de decembro. Castrillo sinalou que con este certame o Concello realiza unha nova oferta de ocio para os xoves vigueses que reúne actividades de lecer con outras formativas.
O alcalde explicou que a xuventude viguesa responde de maneira positiva cando se lle ofrece a oportunidade de divertirse de forma saúdable e citou como exemplo a gran participación que rexistran as Noites Vivas ou outras actividades organizadas pola Concellería de Xuventude como “Súbete ao Castro”. Na súa opinión, a Feira da Infancia e a Xuventude é unha boa alternativa para que os máis novos invistan o seu tempo libre neste período de Nadal, xa que lles brinda entretemento e a posibilidade de coñecer mellor as tradicións de Vigo e a lingua galega.
”Linguas e mares: Vigo 2001” é o título deste evento de carácter lúdico e formativo que presenta demostracións, obradoiros, xogos cooperativos, artesanía e actuacións para os máis novos.
A organización pretende recoñecer a importancia do mar no pasado e as súas posibilidades futuras no desenvolvemento económico e sociocultural de Galicia, así como render homenaxe á diversidade lingüística na celebración do Ano Europeo das Linguas.
A área artesanal brindaralle ó visitante a oportunidade de trasladarse ó século XIX para coñecer os costumes e tradicións que marcaban o xeito de vida desa época. Postos e obradoiros artesanais permitirán aprender oficios tradicionais. A área institucional e comercial ocupa a parte central do recinto, onde o público coñecerá aqueles productos e servicios destinados á mocidade e a zona de actividades dispón de circuítos, atraccións, espectáculos e demostracións, entre outros.
Descargar todas as imaxes