Escoitar

Duascentas persoas ultiman os preparativos para a Cabalgata de Reis

mércores, 26 dec 2001
imx936.jpg
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural presentou a organización dos actos previstos para a chegada dos Reis Magos a Vigo. Rondallas, cabalos, carrozas de centros comerciais, coches antigos e grupos de animación infantil acompañarán as carrozas reais, que repartirán 4.000 quilos de caramelos.

A recepción dos Reis Magos será ás 18:00 na praza de acceso ó Barrio das Flores, en Sanjurjo Badía, e a Cabalgata sairá da rúa Julián Estévez e percorrerá a Avenida de García Barbón e Policarpo Sanz para rematar na Porta do Sol sobre as 20:30. Todo o traxecto estará acordoado para evitar que os rapaces se acheguen á comitiva.

O dispositivo de seguridade estará formado por 200 persoas que terán a igrexa de Santiago de Vigo e a Casa das Artes como lugares de localización de persoas perdidas. Ademais, editaranse 40.000 trípticos con consellos para o tráfico rodado e 1.200 carteis para anunciar o evento.

O presuposto para a organización da Cabalgata de Reis é de 16 millóns de pesetas, dos que millón e medio son froito dun convenio de colaboración entre o Concello e a Federación de Peñas, Agrupación de Centros e Federación de Veciños ”Eduardo Chao”.

Descargar todas as imaxes