Os cidadáns poderán percorrer o Marco seguindo ”O fío de Ariadna”
As xornadas de portas abertas do Museo de Arte Contemporánea, que principiarán o sábado 18 de maio-Día Internacional dos Museos-, pretenden amosar o edificio remodelado a 3.000 escolares e cidadáns interesados en coñecer ”un antigo cárcere convertido nun centro de liberdade de creación cultural”, expresou o concelleiro Carlos Príncipe.
Para a Concellería de Cultura é prioritario darlle a coñecer á cidadanía o labor que vai desenvolver o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco). Con ese obxectivo, e coa vontade de mostrar a esencia e funcións dun centro de arte, nacen as xornadas de portas abertas ”Percorrendo o Marco: o fío de Ariadna” dirixidas a escolares e ao público en xeral.
Moitos espacios do edificio, como os almacéns de obras de arte, quedarán definitivamente pechados ó público cando se inaugure o museo. ”Estas visitas supoñen unha oportunidade única para amosar as entrañas deste centro e para presentar e familiarizar os cidadáns de Vigo co novo complexo cultural do que eles xa forman parte”, explicou a directora do museo, Carlota Álvarez Basso.
”O museo agarda os visitantes para mostrarlles os seus segredos, para os ilusionar e vencellar ao seu proxecto común de futuras actividades, como preludio da idea de centro participativo que se quere desenvolver”, sinalou a directora.
Partindo do famoso mito de Ariadna, e seguindo fíos de diferentes cores que identificarán os andares do inmoble, o público poderá percorrer os diferentes espacios do museo, mentres os guías ou monitores van explicándolles a historia do edificio, as especiais características da súa arquitectura, a recente intervención arquitectónica, as excelentes instalacións das que dispón, a funcionalidade dos materiais e equipamentos ou os almacéns de obras de arte.
O percorrido polo museo iníciase no salón de actos, coa proxección dunha serie de fotografías realizadas en novembro de 1999 polo fotógrafo vigués Manuel González Vicente, que tivo a oportunidade de facer unha interesante reportaxe fotográfica do inmoble antes de iniciárense as obras. ”As imaxes falan coa súa forza expresiva, como retrincos de historia que é preciso non esquecer, como apuntes da nosa memoria recente”, afirmou Álvarez Basso.
Os cidadáns poderán así comparar por si mesmos o alcance da remodelación dun dos eficicios singulares da cidade, metáfora da máis ampla renovación que todos agardamos, e da que os vigueses son protagonistas.
As visitas escolares pódense solicitar previa cita no teléfono 615-258531 e están destinadas a alumnado de 3º e 4º de secundaria. O público en xeral poderá visitar as instalacións museísticas de luns a venres de 19:00 a 21:00 e os sábados de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
O fío de Ariadna
Ariadna era filla do rei Minos e da raíña Pasifae de Creta. O seu pai tiña nun labirinto ao terrible Minotauro, que esixía que o alimentasen cada nove anos cos corpos de cidadáns atenienses. A terceira vez que os atenienses debían pagar o seu tributo, Teseo, –fillo de Exeo, o rei de Atenas– ofreceuse para ir matar o Minotauro. O problema era que o Minotauro vivía nun labirinto do que non podía fuxir. A filla de Minos, Ariadna, viu a Teseo e namorouse del, polo que decidiu axudalo coa condición de que casara con ela e a levara lonxe do seu temible pai. Teseo aceptou, e Ariadna regaloulle un nobelo para que cando estivese no labirinto o fose desenrolando e puidese servirlle de guía para indicarlle o camiño de regreso. Cando Minos soubo que Teseo matara o minotauro montou en cólera, polo que este tivo que fuxir, acompañado de Ariadna. Pero ela nunca chegou a ver Atenas, a terra de Teseo, pois nunha escala que fixeron na illa de Naxos, el abandonouna adurmiñada á beira do mar.
Descargar todas as imaxes