Aberta unha nova convocatoria do programa educativo ”Aprender a convivir”
A Concellería de Educación organiza o programa ”Aprender a convivir” no que participan 21 centros de ensino da cidade. Os interesados en inscribirse na nova convocatoria destes cursos de formación para profesorado, pais e alumnado poden facelo ata o 14 de xuño.
O programa ofrécelles aos diferentes sectores da comunidade educativa unha serie de propostas e recursos para construír unha convivencia máis sa e respectuosa, democrática, solidaria e sen ningún tipo de discriminacións e violencias. Xesús R. Jares, Hipólito Puente, Elixio Domarco, Mercedes Oliveira, Mónica Meana e Xosé Ramos son os profesionais que imparten os cursos, obradoiros e conferencias nos centros de ensino participantes.
A clave fundamental do programa é a redefinición da relación cos conflictos e a crítica da violencia como forma de resolvelos. Pártese da idea de que onde hai vida hai conflicto e, ademais, non ten por que ser necesariamente negativo. Na maior parte das ocasións, a valoración positiva ou negativa que se faga do conflicto depende fundamentalmente da forma de o encarar e non tanto do conflicto en si mesmo. Non se pode confundir conflicto, consustancial á vida, coa violencia, posible resposta a un conflicto pero non a única.
O programa nace a proposta do colectivo Educadores pola Paz-Nova Escola Galega, fundado en Vigo no ano 1983, sendo o grupo máis veterano de todo o Estado en temas de educación para a paz e a convivencia. Nos seus 20 anos de existencia ten organizado e participado en numerosas actividades de formación, feitas diversas publicacións en distintas editoriais, instituíndo en Galicia a celebración do Día Escolar pola Paz (30 de xaneiro) e convocando anualmente o Encontro Galego-Portugués de Educadores pola paz.
Relación de centros participantes
- CEIP Alfonso R. Castelao
- CEIP Javier Sensat
- CEIP Pombal
- CEIP Lope de Vega
- CEIP Balaídos
- CEIP Virxe do Rocío
- CEIP Doblada
- CEIP Seis do Nadal
- CEIP Ría de Vigo
- CEIP Santa Tegra
- Hogar e Clínica San Rafael
- IES de Teis
- IES Valentín Paz Andrade
- IES Beade
- CEIP Coutada-Beade
- CEIP Igrexa Valadares
- IES Politécnico número 1
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes