O Concello executa un plan de pavimentación das parroquias
O Concello está a desenvolver dende comezos de ano un Plan de pavimentación das estradas do ámbito rural do municipio. O propósito é o de situar en óptimas condicións os viais máis utilizados das parroquias periurbanas de Vigo. O investimento previsto achégase aos 900.000 euros.
Algunhas das actuacións incluídas neste plan xa foron executadas. É o caso da estrada que une a Ponte Segade, en Sárdoma, con Moledo, unha actuación na que se investiron 69.000 euros. Ademais de asfaltar toda a estrada se realizou unha nova sinalización horizontal. En Sárdoma tamén esta previsto este ano o asfaltado do camiño de Quirós.
O Plan de pavimentado de estradas no rural é a continuación dun Plan de choque realizado o pasado ano para mellorar a rede de comunicacións viarias da área periurbana de Vigo. No presente exercicio inclúense proxectos en case todas as parroquias de Vigo. Entre a relación de rúas que serán asfaltadas e, nalgúns casos ampliadas, está o camiño do Raviso, o camiño de Fonteoscura (Cabral), o camiño da Hermida (Candeán), o camiño de Matamá-Pazo, a baixada á praia de Saians, a estrada do Caramuxo (Beade), a rúa Mantelas, as rúas Parrocha e Recaré (Bembrive) ou o camiño de Macal.