A Concellería de Turismo abre unha nova oficina no Barrio Histórico
A concelleira de Turismo, Lílian Álvarez, inaugurou unha nova oficina de información para os visitantes situada na rúa Teófilo Llorente, a carón do mercado da Pedra. Esta oficina engádese á campaña turística deste verán que ofrecerá información a pé de rúa mediante Puntos Vermellos itinerantes e o autobús descapotable que achegará os visitantes ós puntos de interese.
A oficina de Turismo dispón de 50 m2 útiles de superficie e facilita folletos, carteis e información sobre a oferta gastronómica, hostaleira, cultural e deportiva. Os folletos están en inglés, francés, alemán, portugués e español. Ten tamén roteiros organizados para coñecer os arredores de Vigo e rueiros das principais cidades e vilas galegas.
Esta oficina permanecerá aberta durante todo o ano cunha especialista en Turismo e na tempada estival -do 15 de xuño ó 15 de setembro- reforzarase a atención con outra persoa. O horario é de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, incluídos domingos e festivos.
O orzamento desta obra e do equipamento turístico foi de 4 millóns de pesetas destinados ó acondicionamento do local que precisou, entre outros, o cambio da instalación eléctrica.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes