Escoitar

Concertos con motivo da Semana Grande da Escola Municipal de Música

martes, 14 mai 2002
A Escola Municipal de Música de Vigo vai celebrar, por segundo ano consecutivo, a súa Semana Grande entre os días 20 e 24 de maio. Con esta iniciativa, a Escola pretende facer actividades fóra do seu contexto habitual, para o que se programan actuacións en diferentes ambientes como o aire libre no entorno da Escola, na ludoteca da Casa da Xuventude e no centro cultural Caixanova. A entrada para ver as actuacións é gratuíta.

A Escola de Municipal de Música entrou en funcionamento no curso 1997 e imparte ensinanza de violín, viola, violonchelo, piano, guitarra, clarinete, saxofón, trompeta e trompa. O próximo curso ampliarase con trombón e percusión. Na actualidade, a Escola ten 268 alumnos e alumnas, de idades a partir dos catro anos. A matrícula para o próximo curso ábrese a primeira quincena de setembro.

Programación da Semana Grande:

Luns 20- Escola de Música
Desde ás 17:45 h. ata ás 19.00 h.- concertos de trompeta, clarinete,violín,violonchelo e trompa.

Martes 21- Escola de Música
Desde ás 17:30 h. ás 19.00 h.- concertos de saxofón, trompa.

Mércores 22 - Casa da Xuventude
Desde ás 16:30 h.. ás 19.00 h.- Concerto de Alumnos/as Xuventude musical: trompeta ,guitarra, violín e clarinete.

Xoves 23- Na Escola de Música
Desde ás 17.45 h. ata ás 20.00h.- Concerto de trompeta trío: clarinete dúo: trompeta dúo: violín trío, e clarinete.

Venres 24 Centro Cultural Caixanova
19:30h. concerto novos músicos