Benestar Social asina un convenio para desenvolver un programa con afectados por síndrome de Down
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, e o presidente da Asociación para o Síndrome de Down de Pontevedra, Fernando Molina, asinaron un convenio de colaboración para continuar co programa de integración social ”Móvome” de fomento da autonomía persoal, coñecemento do contorno e habilidades sociais.
A finalidade deste programa é conseguir que os cativos con síndrome de Down desenvolvan a máxima autonomía na súa vida cotiá para que poidan realizaren actividades de lecer do mesmo xeito que os nenos sen discapacidade, reforzando o seu proceso de aprendizaxe intelectual e persoal.
Dezasete nenos de 8 a 21 anos de idade beneficiaranse deste convenio, cunha contía de 3.000 euros (500.000 pesetas), que contempla tres seccións: Móvome na miña cidade, Móvome no tempo libre e Móvome na sociedade.
Cines, exposicións, aeroportos, museos, autobuses urbanos, ludotecas e bibliotecas son algúns dos conceptos que explicarán nas saídas que efectúan os destinatarios deste programa. As universidades de Vigo e Santiago participarán no desenvolvemento do programa coa colaboración de estudiantes de Educación Social na posta en práctica das accións encamiñadas ó fomento da autonomía persoal dos discapacitados. A Dirección General de Tráfico tamén colabora mediante un programa de educación viaria.