O Concello pídelle á Xunta que coordene a atención aos inmigrantes
A Concellería de Benestar Social dirixiuse recentemente á Consellería de Servicios Sociais da Xunta de Galicia reclamando a convocatoria dunha reunión entre a Administración autonómica e as principais cidades galegas para coordenar as políticas de atención aos inmigrantes. O concello vigués considera necesario marcar unhas pautas de actuación a nivel galego para poder afrontar con certa eficacia a crecente chegada de inmigrantes á nosa comunidade.
Segundo os datos que manexa o Concello de Vigo, a chegada de inmigrantes á cidade disparouse nos últimos dous anos. Significativo é o dato de que só no pasado ano se empadroaron en Vigo 3.325 persoas procedentes de América, das que aproximadamente a metade viñeron de Colombia e Arxentina.
Os servicios sociais municipais atenden a todas as persoas que acoden aos mesmos, tanto emigrantes retornados como estranxeiros, coa axuda de entidades como a Cruz Vermella, Cáritas e os departamentos de emigración dos sindicatos, tentando entre todos suplir o déficit no labor de integración da Xunta. Esta tarefa contribúe a solucionar situacións puntuais, pero non pode dar unha resposta global ao problema que supón a integración do cada vez máis amplo colectivo de persoas que tentan establecerse en Vigo ou no seu contorno.
Dado que a Administración autonómica mantén unha rede de atención á inmigración, o concello vigués considera necesario que a Xunta estableza un protocolo de actuación ante cada problema específico que presentan estas persoas e un sistema de coordenación cos centros de referencia que facilite a utilización dos recursos dispoñibles. Desa maneira gañaríase en eficacia e garantiríase un tratamento uniforme en todos os concellos galegos, o que evitaría xerar situacións de desigualdade.
O Concello de Vigo chama tamén a atención sobre a necesidade de que a Consellería de Educación estableza con urxencia programas de educación compensatoria para os colectivos de inmigrantes con problemas de escolarización, na procura dunha integración efectiva e da eliminación de posibles causas de exclusión. Así mesmo bótanse en falta programas que, a través do ámbito educativo, faciliten a integración na nosa sociedade dos pais destes rapaces. A existencia de programas de educación compensatoria faise imprescindible coa maior incorporación ás aulas de nenos e nenas procedentes doutras culturas. A LOXSE establece que “as administracións educativas adoptarán medidas de discriminación positiva para facer efectivo o dereito á educación e dotarán aos centros dos recursos humanos e materiais necesarios”.