Escoitar

404 expedientes tramitou o ano pasado o Valedor do Cidadán

O Valedor do Cidadán, Luis Espada , presentou á Corporación Municipal o informe anual das actividades da Institución, abarcando o labor realizado ao longo do ano 2004 e que se resume na tramitación de 404 expedientes.

venres, 1 abr 2005
1112601938valedor2.jpeg
O Valedor ten unha labor de mediador como intento de atopar solución aos problemas que lle son presentados por calquera persoa, ante a existencia de presuntas irregularidades ou arbitrariedades, tanto dos responsables, como dos restantes membros dos diferentes órganos ou servizos municipais nas súas actuacións.

A modo de resumo estatístico global o informe indica que no área de auga, saneamento e limpeza tramitáronse 12 expedientes; 13 de Benestar Social; 12 de Cultura, Deportes e Normalización Lingüística; 14 do área de Economía e Facenda; 43 de Medio Ambiente; 84 de Mobilidade e Seguridade; 2 de Parques e Xardíns; 119 de Urbanismo; 20 de Vías, Obras e Infraestructuras; 25 de Xestión Municipal e 56 de outros ámbitos.

A solución de problemas por diferentes vías como son as entrevistas e as consultas, as actuacións de mediación e conciliación, os expedientes ou as recomendacións e as suxestións, son a parte máis importante do labor que o Valedor do Cidadán debe realizar para cumprir coa súa misión, sempre dentro do ámbito do Municipio.
Descargar todas as imaxes