Escoitar

A revista "Viajes National Geographic" recomenda visitar o Parque de Castrelos de Vigo

O Parque de Castrelos de Vigo constitúe a visita recomendada pola revista "Viajes National Geographic", considerada como líder no seu sector, na súa sección "Fin de semana" do número 60, correspondente ao mes de marzo deste ano.

mércores, 16 mar 2005
O artigo, que se pode ler na páxina 14 da publicación, elixe a cidade como destino turístico e considera o Parque de Castrelos como o recinto máis emblemático da cidade, calificándoo como "unha das zonas verdes máis belas e extensas de Vigo", cos seus xardíns de estilo afrancesado.

Ao mesmo tempo, salienta o significación histórica do pazo, xa que asegura que entrar neste edificio, que xurdiu como pazo no século XVII "é como dar un salto atrás na historia" e afirma que permite coñecer "a época da fidalguía galega".

Na mesma liña, subliña a importancia da colección pictórica albergada nas instancias do pazo, que reúne obras de autores galegos desde mediados do século XIX ata a actualidade, como poden ser Souto, Colmeiro ou Laxeiro.

De forma independente ao texto principal, no artigo se recomendan outras visitas indispensables para coñecer o principal da cidade, como a Pedra, o xardín do Castro, e Samil.

A importancia de que Vigo sexa reseñada na revista Viajes National Geographic, de carácter mensual, ven dada pola relevancia da publicación, que conta, segundo o EGM do 2004, con 301.528 lectores e segundo a OJD, cunha difusión de 60.055 exemplares.

A referencia á publicación pode consultarse no enderezo electrónico www.ngviajes.com, na que se inclúe o índice dos diferentes números así como os artigos que integran cada un dos exemplares.