Vinteoito penados realizaron traballos en beneficio da comunidade nos servizos do Concello
O Concello de Vigo está adherido ao convenio de colaboración entre o Ministerio de Interior e a Federación Española de Municipios e Provincias para a xestión do cumprimento das penas de traballo en beneficio da comunidade. Desde a sinatura deste convenio por parte do Concello, 28 persoas saldaron nos seus servizos as súas débedas coa sociedade.
O Concello de Vigo adheriuse, a través do acordo plenario de data 24 de abril de 2002, ao convenio de colaboración entre o Ministerio de Interior e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para a xestión do cumprimento das penas de traballo en beneficio da comunidade, no que veñen participando 407 concellos, cun total de 2.825 prazas ofertadas, desde a súa sinatura o 2 de abril de 1997.
O obxectivo deste programa é o de facilitar a reinserción social daquelas persoas que cometeron delictos e evitar situacións traumáticas para o propio penado, ao darlle a posibilidade de substituir a pena e o consecuente ingreso en prisión por traballos en beneficio da comunidade.
Desde a sinatura deste convenio ata o día de hoxe cumpriron as súas débedas coa comunidade un total de 28 persoas nos servizos do Concello que están acollidos a este convenio. A distribución dos penados polos servicios foi a seguinte: en Montes, Parques e Xardins, 17; en Educación, tres; en Xuventude, dous; en Limpieza, dous; e en VigoZoo, dous. Outros dos penados viron como as súas penas eran suspendidas polo xuíz.
A aplicación das penas de traballo en beneficio da comunidade só pode impoñerse en substitución doutras. En concreto, de arrestos de fin de semana ou impagos de multas cunha duración de 96 a 384 horas de traballo, no caso de que a pena sexa cualificada como grave, e de 16 a 96 horas no caso dunha pena leve.
A incorporación efectiva do penado ao posto de traballo realízase trala conformidade do xuíz. O Concello de Vigo recibe información detallada sobre o inicio do cumprimento, duración, horario e data de finalización a fin de proceder a dar de alta e de baixa o penado na Seguridade Social.
Os responsables dos departamentos municipais implicados imparten a formación específica precisa aos reos para a execución dos traballos, e supervisan e controlan as tarefas realizadas. A xestión e coordinación do programa corre por conta da Oficina Municipal de Voluntariado, interlocutora ante a FEMP e Institucións Penitenciarias.