Mostra fotográfica de "Médicos del Mundo"
A Casa da Xuventude acolle unha nova exposición de fotografía organizada pola entidade "Médicos del Mundo".
A partires do martes día 22 de febreiro pola tarde e ata o venres 4 de marzo poderase visitar unha mostra fotográfica alusiva á actividade realizada por colaboradores de Médicos do Mundo que foron asasinados mentres traballaban en proxectos de acción humanitaria. Esta mostra acolle traballos seleccionados do Premio Fotográfico Luis Valtueña VI en memoria destes cooperantes e pretende destacar valores do humanitarismo e a solidariedade, reflectidos a través dunha imaxe.
A mostra, creada en 1998 é unha homenaxe a Mercedes Navarro, loxista (Bosnia-Herzegovina 1996); Flors Sirera, enfermeira (Ruanda, 1997); Manuel Madrazo, médico (Ruanda,1997) e Luis Valtueña, fotógrafo e loxista (Ruanda 1997). As fotografías e os carteis expostos aportan unha explicación desta mostra que pódese visitar, ata o 4 de marzo, nas instalacións municipais da Casa da Xuventude en López Mora 31 , en horario de 10:00 a 14:00 pola mañá e de 17:00 a 21:00 pola tarde.
Descargar todas as imaxes