A Oficina Municipal de Voluntariado presenta a súa campaña de sensibilización
A concelleira Lucía Molares explicou que, antes que un gran número de voluntarios, prefiren un grupo de mozos ben formados e implicados. A OMV prepara cursos de formación en distintos ámbitos.
A concelleira Lucía Molares presentou a nova campaña de sensibilización que a OMV está a realizar co fin de dinamizar a acción voluntaria na cidade. A campaña está realizada en soportes diversos: radio, tarxetas, mupis, cartelería e vallas publicitarias, co obxecto de sensibilizar á cidadanía para que se implique en tarefas de voluntariado en beneficio de todos. En concreto, a OMV quere facer un chamamento aos xoves co fin de "inculcar os valores de solidariedade e de enriquecer a cidade logrando un maior grao de concienciación sobre as problemáticas emerxentes que nos atinxen", explicou a concelleira.
Actualmente a Oficina Municipal de Voluntariado conta con 356 voluntarios/as en activo. Algúns deles (171) están a colaborar en distintas iniciativas de forma regular durante todo o ano. No ano 2004 anotáronse 179 novos voluntarios na OMV. "Non nos importa tanto o número como o seu grado de implicación e compromiso. Pretendemos acadar unha rede continua e ben formada", explicou.
No programa de colaboración con entidades a OMV ten 67 voluntarios que traballan con 30 entidades non lucrativas do municipio, apoiando nas actividades programadas por ditas asociacións:
- Actividades de ocio e tempo libre (saídas de fins de semana).
- Apoio familiar (servicio de canguros).
- Apoio en comedores.
- Apoio en actividades deportivas, piscinas, hidroterapia...
- Apoio en obradoiros ocupacionais.
- Tratar de manter unha relación persoal frecuente afectiva con discapacitados.
- Preocuparse polas condicións materiais de vida (saúde, roupa, hixiene...).
- Actividades con perfil profesional (programa de autonomía, coñecemento do entorno e habilidades sociais).
- Reforzo educativo: nenos, xóvenes e adultos.
- Apoio en ludoteca (integración, animación...).
- Actividades administrativas.
Neste senso, a Oficina promove o curso de Xestión de Voluntariado dirixido principalmente a Entidades. Consta de 3 bloques: discapacidade, servicios sociais e deportes. Terá lugar os días 12, 19 e 26 de febreiro no Centro Cívico Casco Vello, consta de 12 horas lectivas e o prazo de inscrición xa está aberto.
No programa de Acompañamento á 3ª idade, menores e diminuídos hai 55 voluntarios que colaboran cos casos derivados dos Servizos Sociais do Concello en relación cos sectores mais desfavorecidos. As tarefas que realizan os voluntarios/as da OMV en dito programa son de índole humanitaria (conversa, tempo libre, actividades culturais e recreativas) con persoas maiores en situación de soidade, mulleres maltratadas en proceso de separación, enfermos mentais, menores (realizando apoio escolar), persoas con algún tipo de discapacidade... En caso necesario as tarefas poden ser de carácter administrativo (petición de acompañamento a consultas médicas, vixilancia da medicación, axuda a familiares na mobilización de enfermos encamados, etc).
No programa de voluntariado Medioambiental os 49 voluntarios colaboran en actividades para a recuperación da natureza. Ditas actividades son as seguintes:
- Plan de Acondicionamento do Entorno das Praias da Fontaiña e Baluarte.
- Novas sementes para o viveiro de vexetación litoral, recollida de sementes de diversas especies nas dunas da praia de Barra coa finalidade de ser empregadas no viveiro de vexetación do Plan Litoral de Vigo.
- Conservación das gamelas de Coruxo, manter en bo estado 23 destas embarcacións tradicionais, cada vez máis escasas na ría de Vigo.
- Operación Colilla 2004. Celebrouse unha limpeza de recollida de colillas no areal da Fontaíña.
- Plan de Acondicionamento da Xunqueira do Lagares, mediante limpezas, instalación dun observatorio de aves, retirada de recheos y creación dunha pantalla de vexetación arredor do espacio natural.
- Erradicación de flora exótica invasora.
Tamén dende a OMV se apoian eventos organizados por entidades de distintos ámbitos da cidade, nos que no ano 2004 colaboraron 117 voluntarios/as. A modo de exemplo cítanse:
- Marcha mundial das mulleres.
- Carreira de Cross Escolar.
- Trofeo Cidade de Vigo de Baloncesto.
- Trofeo Cidade de Vigo de Ciclismo.
- Semana contra o cancro, A.E.C.C.
- Campaña de recollida de alimentos en hipermercados e supermercados con AFAN.
Resaltar, por último, o plan de formación do voluntariado levado a cabo de forma continuada durante o ano 2004 para os voluntarios dos proxectos de voluntariado propios da Oficina. Estes cursos fundamentalmente se dividían en cursos de iniciación ao voluntariado e cursos específicos vinculados cos proxectos que se están a desenvolver, nos que participaron un total de 176 voluntarios/as da OMV. Tamén se levaron a cabo xuntanzas mensuais cos voluntarios/as para o seguimento e intercambio de impresións. Destacan os cursos sobre servizos, ocio e discapacidade, medio ambiente, ou o curso de apoio ás actividades deportivas, ademais do citado curso de xestión de voluntariado para entidades.
Descargar todas as imaxes