Escoitar

Continúan os combates de teatro improvisado no Castro

Teñen lugar tódolos venres a partir das 19,30 horas nos recintos dispostos polos equipos participantes.

xoves, 27 xan 2005
A Concellería de Xuventude, dentro do programa "Súbete ó Castro", ven de poñer en marcha a primeira Liga de Improvisación para Xóvenes Afeccionados (L.I.X.A.). Unha liga na que os xóvenes actores e actrices da cidade enfrontanse en combates de improvisación. Este venres 28 de xaneiro, ás 19:30 horas, celébrase a segunda das xornadas e está previsto que participen os seguintes equipos:

1. AULATALÍA - A contra TRAQUERS - B en I.E.S. Álvaro Cunqueiro, rúa Padre Seixas s/n

2. I.E.S. DE TEIS contra I.E.S. CASTELAO - B en I.E.S. de Teis, Avda. de Galicia 101

3. SÚBETE AO CASTRO contra ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO no Espacio Xove do Castro, a carón parque das bicis.

4. I.E.S.CASTELAO - A contra AULATALÍA - B en I.E.S. Castelao, rúa Aragón, 20