Xa está listo o DVD informativo sobre o Plan Xeral
O xerente de Urbanismo do Concello de Vigo, Xavier Rivas, e Daniel Pino, coordinador xeral do equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Urbanística (PXOM), presentaron esta mañá o DVD informativo sobre o PXOM, para que os cidadáns "elaboren o seu propio criterio" sobre el.
O xerente de Urbanismo do Concello de Vigo, Xavier Rivas, e Daniel Pino, coordinador xeral do equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Urbanística (PXOM), presentaron esta mañá o DVD no que se inclúen os documentos contidos no PXOM.
O DVD ten por obxecto informar os cidadáns sobre as actuacións previstas no PXOM, de cara á fase de exposición, que comeza o 1 de febreiro e acaba o 31 de marzo. Segundo Xavier Rivas, isto servirá para que os vigueses "elaboren o seu propio criterio sobre a cidade que está a propoñer este Plan Xeral". Pola súa parte, Daniel Pino dixo que as indicacións dos cidadáns serán "un instrumento de mellora" do PXOM.
Todas as fases do Plan Xeral elaboradas ata o de agora están integradas no DVD, que se presenta en formato PDF e necesita para a súa reproducción do Acrobat Reader 5 ou dunha versión superior.
Así, o DVD presentado hoxe consta dunha parte informativa que dá conta das fases de diagnose e avance do PXOM. A segunda parte, chamada "Ordenación", refírese á fase de aprobación inicial do proxecto, e inclúe, entre outros documentos, a memoria informativa do proxecto, a normativa urbanística, o catálogo de bens culturais e o estudio do medio rural.
Ademais, o DVD achega a documentación gráfica do PXOM, que consiste nun conxunto de planos referentes á clasificación do solo e ás infraestructuras da cidade. Estes planos teñen unha escala de 1 – 5.000 no caso da especificación do solo non consolidado como urbano e de 1 – 2.000 nos do solo urbano consolidado, e poden ampliarse ata ofrecer áreas reducidas do municipio gracias á resolución do PDF.
O PXOM exporase finalmente na Escola de Artes e Oficios, e non na Casa Galega da Cultura, como estaba previsto. Tamén se poderá consultar a través das asociacións de veciños e nos centros sociais das parroquias, onde se dará información detallada das actividades contempladas na zona. Ademais, prevese ter ultimada para principios da próxima semana a inclusión do PXOM na páxina web do Concello, www.vigo.org.