Escoitar

Pleno da Corporación

Convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ordinaria no salón de Plenos ás nove horas do día 31 de xaneiro.<br /> <br />

venres, 28 xan 2005
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 3


CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 31 de XANEIRO de 2005, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


1.- Actas anteriores. (Sesións 4 e 29.11.04)

ALCALDIA
2.- Escritos dos concelleiros do grupo municipal do BNG, don Lois Pérez Castrillo e dona Olaia Fernández Davila, comunicando a súa renuncia ó cargo. Escrito de Dª Carmen Martínez-Corbalán Puche dirixido á Xunta Electoral Central comunicando a súa renuncia a ser proclamada concelleira electa.

3.- Dar conta de escrito do grupo municipal do BNG comunicando o novo voceiro do devandito grupo municipal.

4.- Nomeamento do concelleiro do grupo municipal do BNG, Sr. Fernández Fernández, como vocal municipal no Pleno do Consorcio da Zona Franca.

XESTIÓN MUNICIPAL
5.- Indemnización substitutiva por importe de 1.740 € a favor de Telecidade S.A., en concepto da realización da campaña publicitaria "Abaixate do carro". Expte. 1608/101.

6.- Indemnización substitutiva por importe de 6.000 € a favor de "Creaciones Luminosas S.L." en concepto do alumeado da Alameda de Bouzas con motivo das súas festas. Expte. 1638/101.

7.- Indemnización substitutiva por importe de 7.153,41 € a favor de SECURITAS en concepto de vixilancia nos Centros Cívicos de Teis e Casco Vello. Expte. 474/321.

8.- Indemnización substitutiva por importe 180.203,63 € a favor de "Servicios Hípicos Hipigal, S.L." en concepto de axuda ó desenvolvemento da Copa do Mundo de Saltos de Vigo 2003. Expte. 1028/101.

9.- Indemnización substitutiva por importe de 565.972,40 € a favor de FCC S.A., en concepto da realización dun plan de choque de limpeza viaria. Expte. 11/241.

10.- Indemnización substitutiva por importe de 1.677,27 € a favor de Planitec en concepto de adquisición de diverso material para a Sala de Control de Tráfico. Expte. 70353/210.

11.- Indemnización substitutiva por importe de 13.761,16 € a favor de Oreco S.A., polo incremento do importe das obras do proxecto de mellora de bairarrúas da rúa Portela. Expte. 43081/250.

12.- Convenio interadministrativo entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo, Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Vigo para a creación dun consorcio que teña por obxecto a rehabilitación do Casco Vello de Vigo.

MOCIÓNS
13.- Moción do grupo municipal do PG relativa a axudas económicas para os países asiáticos afectados polo tsunami.

14.- Moción do grupo municipal do PG sobre a prevención de maremotos.

15.- Moción do grupo municipal do PG instando acadar os apoios precisos para que os voos de baixo custo operen dende Vigo.

16.- Moción do grupo municipal do BNG relativa ó arranxo de deficiencias do colexio de educación especial Saladino Cortizo.

17.- Moción do grupo municipal do BNG para que se inste á concesionaria Interparking Galicia, S.A., o arranxo dos aparcadoiros da Porta do Sol e Praza de Portugal.

18.- Moción do grupo municipal do BNG instando a instalación dunha nova parada dos autobuses da empresa ATSA na parroquia de Coruxo.

19.- Moción do grupo municipal do BNG para que se proceda á posta a disposición dos terreos necesarios para a execución do paseo da Guía e sobre a circulación rodada no futuro paseo.

20.- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE instando a realización dunha campaña de divulgación da Constitución Europea.

21.- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre posta en marcha dun plan de mantemento do Casco Vello.

22.- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación co cumprimento do acordo plenario relativo ó alleamento de parcela no PERI 4 Barreiro 2 para construcción de vivendas de protección autonómica.

23.- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á constitución do Consello Escolar Municipal.

24.- Rogos e preguntas.