Escoitar

Xornadas da Escola Municipal de Teatro

A vindeira semana van ter lugar as "Xornadas da Escola Municipal de Teatro", do 18 ó 21 de maio no Auditorio Municipal e que presentou o concelleiro de Educación , Ignacio López Chaves.

xoves, 13 mai 2004
1084452922teatro4.jpg
Por primeira vez toda a programación das xornadas queda nas mans de profesoras e profesores da Escola e participa a totalidade do alumnado nas mesmas. Tamén colaboran nas montaxes escénicas alumnos e alumnas dos centros de educación especial Saladino Cortizo e secundaria de Teis.

En total representaranse cinco obras : "A consulta de Doutor" e "Esta si que che é desgracia" de Fina Casalderrey; "Touporroutou da lúa e do sol" de Roberto Vidal Bolaño; "Deus no banquillo" de Manuel de Heredia e " A festa da Neves" de Margarita Sánchez Roldán. O acceso do público ás xornadas é gratuíto.
Descargar todas as imaxes