Escoitar

O proxecto de capacitación para persoas desempregadas "Alicerce" celebra unha sesión informativa para a captación e selección de participantes

O Servicio de Desenvolvemento Local e Emprego desenvolveu hoxe, no Auditorio Municipal, unha sesión informativa dirixida a persoas desempregadas interesadas en participar no proxecto europeo "Alicerce", co obxecto de explicar o contido do mesmo de cara á captación e selección de beficiarios/as. No transcurso da sesión informáronse das características do programa, os itinerarios formativos que se impartiran e os perfís requiridos.

xoves, 13 mai 2004
O proxecto "Alicerce", cunha duración de 20 meses, supón un orzamento total de 843.000 €, do que un 70% está subvencionado con fondos da Subvenciòn Global do Fondo Social Europeo e o resto, o 30 %, confinanciado polo Concello de Vigo. Este programa formará a persoas desempregadas para traballar nos campos de mediación intercultural, adiccións e conductas de risco e, tamén, ocio e tempo libre na terceira idade. Na mesma liña, técnicos do proxecto asesorarán e tutelarán a posta en marcha de proxectos empresariais no eido de atención ás persoas.

As persoas interesadas en participar en "Alicerce" poderán presentar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado e acompañado de documentación requirida, ata o vindeiro día 21 do presente mes de maio nas instalacións deste proxecto, na rúa Martínez Garrido nº21-interior.