Exposición no Museo de Castrelos sobre a Reconquista
O Museo de Castrelos acolle a exposición "Vigo 1809: Reconquista. Feitos, armas e personaxes" que se abre ó público o domingo 28 de marzo ata o 25 de xullo. A mostra de gran formato está composta por mais de 160 elementos maioritariamente das época da Reconquista no contexto da Guerra da Independencia en 1809.
O mesmo día da inauguración haberá un acto lúdico e teatral a cargo da Asociación Histórico-Cultural "The Royal Green Jackets" de A Coruña que realizará unha dramatización con armas e figurantes da época. O acto, aberto a todo o público, será ás 13.30 horas do día 28 no acceso principal ó pazo de Castrelos.
A exposición significa o primeiro achegamento ó público vigués dos acontecementos da Reconquista a través unha mostra. Tratase de explicar os feitos e personaxes principais que interviron nos acontecementos de 1809 a través de paneis informativos e a exposición de obxectos de época que conserva o propio museo ou cedidos por outros da comunidade: bandos militares, armamento da época, bandeiras.
A exposición está disposta en tres seccións. A primeira refírese ó contexto da Reconquista : a guerra da Independencia española , a guerra da Independencia en galicia e Vigo 1809. A segunda sección trata do feito histórico da Reconquista: a invasión, a reconquista, a retirada das tropas francesas, as consecuencias inmediatas e os grandes protagonistas. A terceira sección da exposición leva cara ó bicentenario 1809-2009: primeiro centenario e outras conmemoracións posteriores, presencia da Reconquista na cidade de Vigo nas rúas e monumentos e bibliografía seleccionada sobre a Reconquista de Vigo.
Descargar todas as imaxes