Escoitar

Pleno da Corporación

A Corporación Municipal celebra pleno ordinaria o vindeiro martes, día 30, a partir das nove horas, co seguinte orde do día:

venres, 26 mar 2004
1.- Actas anteriores. (Sesións 19 e 26.01.04 e dúas do 16.02.04).

ALCALDIA

2.- Dar conta de resolución da Alcaldía sobre cambio de delegado do Secretario na Comisión Informativa de Medio Ambiente e Patrimonio Histórico.

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE

3.- Aprobación inicial da modificación puntual núm. 26 do PXOU de Vigo: reordenación de viais na zona de Meixoeiro-Bembrive e accesos ó hospital do Meixoeiro.

4.- Aprobación definitiva de modificación puntual do PEEC no cuarteirón núm. 57 (Velázquez Moreno, 35).

5.- Aprobación definitiva da modificación do estudio de detalle de ordenación de volumes no cuarteirón núm. 36 do PEEC (García Barbón, 24-32).

6.- Aprobación inicial da ordenanza municipal reguladora da inspección técnica de edificacións.

7.- Aprobación provisional da modificación puntual do PXOU no ámbito do Sanatorio de Fátima.

8.- Petición de declaración de nulidade de acordos plenarios do 27.11.92, 03.08.98 e 28.04.03, relativos á permuta de parcelas municipais por outras propiedades de "Miraflores Vigo, S.A.", situadas no ámbito do PERI "A Bouza Sur".

PROMOCIÓN ECONÓMICA E DESENVOLVEMENTO LOCAL

9.- Axudas destinadas á prestación de servicios sociais polas Corporacións locais. Solicitude plan concertado da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

10.- Ratificación polo Pleno da Corporación da composición do Consello Municipal da Muller, segundo a disposición primeira do seu Regulamento.

XESTIÓN MUNICIPAL

11.- Modificación orzamentaria núm. 15/2004 con cargo a remanentes líquidos para financiación do convenio Concello-Consorcio Zona Franca e do modificado do proxecto de aparcadoiro subterráneo da rúa Urzáiz.

ASUNTOS SOCIAIS

12.- Dar conta do acordo da Xunta de Goberno Local de data 16.02.04, polo que se solicita subvención á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, ó abeiro da orde do 08.12.03, para a prestación de servicios sociais no ano 2004, por importe de 3.044.890,21 €.

MOCIÓNS

13.- Moción do Grupo Municipal de DPG sobre o segundo cinto de circunvalación.

14.- Moción do Grupo Municipal de DPG sobre obras no litoral vigués.

15.- Moción do Grupo Municipal de DPG sobre unión do Berbés do mar.

16.- Rogos e preguntas.