Escoitar

Peches de tráfico que afecta á AP-9, rúa Cuba e Isabel II

A concelleria de Mobilidade e Segruidade comunica a variación de tráfico en varias rúas da cidade por mor de diversas obras na calzada.

venres, 26 mar 2004
AP-9
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado do firme en superficie nas vías de acceso e saída da AP-9, dende e cara a Isaac Peral, estarán pechadas ao tráfico as devanditas vías, o vindeiro luns 29 de marzo de 2004, dende as 08.00 horas ata as 18:00 horas.

Como alternativa para o tráfico rodado que pretenda usar a AP-9, establecese: para os vehículos articulados ou composicións de vehículos e os vehículos ríxidos de máis de 12 metros, obrigatoriamente, a entrada e saída por Bos Aires. Para vehículos lixeiros recoméndase a saída por Afonso XIII e a entrada por Lepanto, ou a entrada e saída por Bos Aires.

Rúa Cuba
Ponse en coñecemento do público en xeral que con motivo da montaxe dun guindastre de obra pecharase ao tráfico rodado a rúa Cuba, entre as rúas Brasil e Paraguai o vindeiro domingo 28 de marzo, entre as 8.00 e as 16.00 horas.

Rúa Isabel II
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, estará pechada ao tráfico a rúa Isabel II, con acceso exclusivo para residentes, os días 29,30,31 de marzo e 1,2,3 e 4 de abril de 2004.