Escoitar

Bouzas contará cunha reconstrución virtual e interactiva

Abel Caballero destacou que mediante este servizo o Concello de Vigo ten como obxectivo “poñer en valor o seu patrimonio arquitectónico, cultural e social a través das novas tecnoloxías”. Ten un custe de 82.000 euros e esta enmarcado no Plan de Sustentabilidade Turística "Casco Histórico da Vila de Bouzas", financiado a cargo dos fondos Next Generation.

luns, 30 mar 2026

Abel Caballero anunciou esta mañá a contratación da prestación do servizo de recreación virtual da vila de Bouzas, un proxecto inclúe a dixitalización tridimensional do núcleo histórico, incorporando os seus principais elementos culturais e arquitectónicos. Ademais, crearase unha plataforma interactiva e accesible, tanto en formato web como aplicación móbil, que contará con modelos 3D, recursos audiovisuais, información histórica e locucións en galego, castelán e inglés. A iniciativa contempla tamén a incorporación dunha ruta patrimonial con 16 puntos de interese.

Abel Caballero subliñou que o obxectivo é “poñer en valor o seu patrimonio arquitectónico, cultural, social e mariñeiro a través das novas tecnoloxías”, desenvolvendo “unha experiencia inmersiva”. Ten un orzamento de 82.000 euros e está enmarcado no Plan de Sustentabilidade Turística "Casco Histórico da Vila de Bouzas", financiado a cargo dos fondos Next Generation.

Descargar todas as imaxes