Escoitar

A terceira edición de “Vigo en 90 segundos” anima a captar a cidade en movemento

O alcalde deu conta esta mañá do inicio dunha nova edición do concurso “Vigo en 90 segundos”. As persoas interesadas deben enviar ata o 20 de novembro as súas creacións, baseadas “nun Vigo dinámico que nunca para”, cunha duración máxima de 90 segundos.

luns, 13 out 2025

A Vigo Film Office lanza a terceira edición do concurso de curtametraxes “Vigo en 90 segundos”, o certame que converte a cidade nun enorme plató aberto onde calquera pode rodar a súa historia. Este ano o reto é retratar a “Vigo, cidade en movemento”: a cidade que corre en Balaídos, que vibra nos concertos, que sube polas ramplas mecánicas e que se reinventa cada día porque “Vigo non queda quieta nunca”.

Caballero explicou que pode participar todo aquela persoa que o desexe: desde cineastas en potencia, ata creadores de TikTok, pasando por estudantes o afeccionados. Tan so é preciso contar cunha cámara ou un móbil e moitas ganas de rodar.

O prazo de inscrición e entrega irán desde o 20 de outubro ao 20 de novembro, a través de www.vigofilmoficce.com, e o público en Instagram terá oportunidade de votar entre o 24 e o 30 de novembro.

O rexedor avanzou que os premios entregaranse o 20 de decembro no MARCO, con máis de 2.500 euros en tarxetas regalo repartidos en varias categorías.

 

Descargar todas as imaxes