Hoteis de Vigo ao 80% de ocupación nunha fin de semana chea de eventos
Abel Caballero cualificou de “concertazo” a actuación de Ana Belén en Castrelos. “A ocupación turística está a ser récord”, afirmou.

Vigo enche os seus hoteis unha fin de semana máis. O alcalde informou de que a ocupación foi de máis do 80%, “seguindo con récords de afluencia turística na cidade”.
Caballero manifestou que na fin de semana o Concello organizou o apoiou moitas actividades como o concerto de Ana Belén en Castrelos, o de Carla Lourdes no Pazo de Castrelos, as festas de Candeán, o Vigo Sea Fest, a carreira Ponle Freno, actuacións de bandas e corais ao longo de toda a cidade, o Vikul e actuacións musicais en Villa Solita.