Escoitar

O ciclo Conexións leva a música folk ao Pazo de Castrelos

Abel Caballero presenciou esta mañá un dos 30 concertos que inclúe a segunda edición do programa.

martes, 3 xuñ 2025

“O programa arrincou no mes de marzo e prolongarase ata finais de xuño”, especificou o rexedor, para sinalar que se realizaron concertos en “toda a cidade”. Como peche do programa celébrase no mes de xuño o III Certame Conexións 2025, un espectáculo global que conectará músicos, bailaríns e diferentes culturas, no que o grupo “Vocal Eburnie” de Costa do Marfil será o encargado de poñer o broche final, o 27 de xuño no Teatro Afundación.

O alcalde acudiu esta mañá ao Pazo de Castrelos, onde presenciou un dos concertos de música folk tradicional (un dos cinco estilos incluídos xunto ao clásico, o jazz, o dixie e a orquestra). A segunda edición do programa esta composta por 30 concertos en case unha vintena de espazos diferentes da cidade: Paseo de Alfonso, Praza Independencia, Praza da Pedra, Praza Compostela, Mercados de Teis e O Calvario, Praia de Bouzas e Samil, Príncipe, Fortaleza do Castro, Villa Solita, Pazo Castrelos, Capela A Guía, Fundación Mayeusis, rúa Miragaia-Rosalía de Castro, Colexiata de Santa María, Baluarte do Diamante e Afundación.

Descargar todas as imaxes