O alcalde agradece “a forza e o apoio da cidade” nos seus 18 anos de goberno
Abel Caballero fixo balance este luns da acción dos seus gobernos desde que chegou á alcaldía no ano 2007. “O máis importante que sucedeu na miña vida profesional é ser alcalde de Vigo”, apuntou.

“O noso agradecemento á cidade pola forza e apoio para poder facer isto. Para min é unha inmensa honra ter sido alcalde desta cidade durante 18 anos”, declarou Caballero trasladando o “agradecemento infinito” ao traballo de tódolos seus gobernos, aos concelleiros e concelleiras que formaron parte deles. É unha “obra de todos”, dixo, destacando que “o máis importante que sucedeu na miña vida política é ser alcalde de Vigo”.
O rexedor fixo balance da acción de goberno comezando polas humanizacións executadas na cidade que conforman “o maior investimento da historia para a calidade de vida das viguesas e vigueses e para a economía da cidade”. En total son 1.250 rúas humanizadas en toda a cidade “e centos e centos e centos de quilómetros asfaltados porque decidimos que había que cambiar, que precisabamos unha cidade distinta, vivible, habitable e fomos facendo tantas humanizacións que foron enchendo as aspiracións da propia cidade. Isto é un logro colectivo da cidade” recalcou.
Ademais, avanzou os proxectos que o goberno municipal ten en marcha: “380 rúas que se suman ás xa realizadas”, poñendo como exemplo a humanización da Avenida de Madrid ou a da rúa Teixugueiras em Navia. Amais, o Concello proxecta obras nas rúas Leonardo Alonso, Canteiros, Camiño Vello a Moo, Camiño Sabarís, Camiño Carapucha, Rúa Campos, Camiño Vilar, Manuel Álvarez, Fontaíña, Rúa do Falcoído, Estrada da Venda, Camiño Presas, Rúa Lagoa, Camiño Monte, Camiño Rialexo, Rúa Recaré, Doutor Cadaval, Xulián Estévez, Rúa Alza, Rúa Molais, San caetano, Rúa Valoutas, Rúa Gorxal, Camiño San Pedro, Rúa Salgado, Camiño Peixeira, Camiño Laxes, Rúa Rabadeira, Camiño Xenerosa, Rúa Rabadeira, Segunda Travesía Madroa, Rúa San Cristobo, Camiño Petón, Rúa Pereiro, Travesía Alcalde Portanet, Camiño Xiña, Camiño Galindra, Camiño Pousa, Camiño Monte da Serra, Camiño Couto, Camiño Tarrío de Arriba, Camiño Cereixeiras, Rúa Alza, Rúa Molais, Rúa San Caetano, Camiño Remesil, Camiño Petón, Camiño Sil, Camiño Seña, Camiño Nogueiras, Camiño Cean, Camiño Verdeal, Camiño Romeu, Baixada Hermida, Camiño Couto, Estrada Fragoselo, Baixada Bao, Rúa Camilo Veiga, Puerto Rico, Manuel de Castro, Pizarro, Tomás Alonso, Vázquez Varela, Pescadores, Bolivia, Coutadas, Umia, José de la Peña, Camiño Carballa, Núñez de Balboa, Campana, Montecelo e Rúa Amieiro.
36 actuacións do programa Vigo Vertical
O rexedor repasou tamén os proxectos realizados dentro do programa Vigo Vertical “a variante punto 5, unha forma distinta e luminosa de entender a cidade, de entender a mobilidade facendo que xa non necesitemos automóbil, porque este sistema de mobilidade permítenos percorrer a cidade de forma mecánica con ramplas e ascensores que van ocupando cada vez máis cidade cun total de 36 actuacións construídas”.
As ramplas da Gran Vía, a escaleira mecánica da rúa Talude, o ascensor de San Salvador con Isabel A Católica, o ascensor de Marqués de Valterra, o ascensor e a escaleira de Pizarro, o ascensor de Praza da Estación, as ramplas de Carral, as ramplas do Centro de Saúde de Teis, as escaleiras mecánicas de II República, as da Praza de Portugal, a rampla de Ramón Nieto ao Colexio Fonteoscura e o Centro de Saúde de Lavadores, o acceso mecánico a Colexio Losada, as ramplas de Escultor Gregorio Fernández, o ascensor do Parque Camilo José Cela, o ascensor e a rampla que comunica Travesía e Aragón a través da Igrexa de Santo Cura de Ars e o ascensor entre Pi y Margall e Camelias.
Amais avanzou os proxectos en marcha, citando especialmente as ramplas da Gran Vía, que unirán cun corredor mecánico de máis de 2 quilómetros a Praza de España e a Praza de América. Destacou o ascensor Halo, que une dúas zonas da cidade de 40.000 habitantes e constitúe unha “revolución na forma de entender a mobilidade sumando 4,5 millóns de usuarios no seu primeiro ano de funcionamento”.
Aínda nesta área, Caballero explicou que a cidade conta con 52.000 puntos de luz e que conseguiu un aforro do 18% en consumo con menos emisións de CO2.
O rexedor referiuse tamén á construción do aparcadoiro público e gratuíto de 400 prazas no Hospital Álvaro Cunqueiro, que o Concello executou e que quere ampliar pero “a Xunta non nos permite facer o segundo”.