Escoitar

O rexedor destaca o papel do Nadal de Vigo, convertida na "primeira cidade turística de Galicia”

No balance de goberno reivindicou o Nadal, así como a Reconquista – na que se conseguiu a Declaración de Festa de Interese Nacional – ou os concertos de Castrelos, “cos artistas máis relevantes do panorama actual”. O alcalde puxo en valor os premios que recibe a cidade por obras como o HALO ou a nova potabilizadora: “Cada vez que nos presentamos a algo gañamos”. Outra gran acción no medioambiente foi a transformación de VigoZoo en VigoNature, unha gran aula de educación ambiental e o traballo para que as Illas Cíes sexan declaradas Xeoparque Mundial da UNESCO.

luns, 2 xuñ 2025

Abel Caballero reivindicou o Nadal, “que converteu a Vigo na primeira cidade turística e tira do turismo de toda Galicia, en temporada baixa e alta”. A política de turismo do Concello de Vigo seguirá no desenvolvemento da cidade a través desta xanela ao mundo. Tamén o rexedor destacou a presenza Vigo en feiras, como FITUR, “onde todo o mundo quere estar” e o traballo da Vigo Film Office e como o Concello levou adiante a iniciativa de converter a cidade nun gran escenario de rodaxe. Esta acción leva consigo a mellora do comercio e a hostaleira que tamén se suma as bonificacións fiscais: “Taxa terraza cero”.

Sobre as festas, Caballero destacou o logro de conseguir que a Reconquista sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Tamén louvou os grandes concertos de Castrelos “cos artistas máis relevantes do panorama actual”. A estas actividades súmase tamén o festival de deporte urbano, O Marisquiño, ou a nova aposta pola danza co Vigo Dance. “Mantemos tamén as festas en barrios e parroquias, triplicando por tres o último ano o orzamento”.

Medioambiente, parques e xardíns

Un dos proxectos transformadores foi cambiar o VigoZoo por VigoNature, un aula de educación ambiental. Caballero tamén puxo de manifesto a transformación do Lagares, unha nova senda ao longo de Vigo. A cidade mellorou as praias e conta con sendeiros azuis, distintivos da calidade medioambiental. Non faltou a reivindicación para as Illas Cíes, cun proxecto posto en marcha polo goberno local para acadar a distinción de Xeoparque Mundial da UNESCO.

O alcalde puxo en valor a transformación da cidade para mellorar a calidade de vida das nenas e os nenos e dos maiores coa construción e reforma de 277 parques infantís, dos que 66 ss realizaron nos dous últimos anos, e de 72 parques biosaudables. “Isto é un récord pola calidade de vida”, remarcou Caballero.

Dentro da nova forma de entender a cidade o rexedor destacou os 16 novos macroparques infantís en Castrelos, Teis, Venezuela, Navia, Barreiro, Praza da Independencia, Bouzas, O Castro, Berbés, Miñoca, Maruja Mallo e Jenaro de la Fuente. Na actualidade atópanse en marcha as intervencións en Finca Matías, aos que se sumarán os proxectados na Rúa Coruña, García Picher e Navia. O rexedor indicou que os parques forestais e as áreas forestais contan con 30.000 árbores máis.

O alcalde apuntou que desde que goberna a cidade instaláronse máis de 5.000 bancos, "é o que máis nos solicitan”.

Limpeza e ciclo da auga

Caballero detallou o “traballo excepcional” realizado para que Vigo sea recoñecida como a cidade máis limpa de Europa, tendo recibido o recoñecemento de 9 vasoiras de platino. Tamén remarcou a excepcionalidade da calidade do ciclo da auga coa nova potabilizadora que contou cun investimento municipal de 23 millóns de euros “que serve tamén a outros concellos e pagada na súa totalidade pola cidade”, e da depuradora que recibiu fondos europeos.

Premios e liderado de Vigo

As políticas do goberno vigués traen consigo premios e recoñecementos nacionais e internacionais. Entre os últimos recibidos destacan o premio á potabilizadora, sendo a mellor de Europa e a segunda mellor do mundo despois da de Shangai. Tamén o premio dos enxeñeiros de camiños, canais e portos ao HALO. “Cada vez que nos presentamos a algunha convocatoria, gañamos”.

O alcalde puxo de manifesto a importancia do liderado de Vigo, coa presidencia durante 8 anos na FEMP e as reivindicacións que fai toda a cidade unida: “Defender o AVE directo a Madrid por Cerdedo, a autovía en túnel A-52, o AVE Vigo – Porto, a sanidade pública, o aeroporto, o naval, a área metropolitana, a caixa de aforros... e agora recentemente suprimir paradas no tren Vigo – Madrid, “e que só defendeu Vigo, a Xunta de Galicia non. Hai que defender a Vigo sempre”, subliñou.

Descargar todas as imaxes