Escoitar

Abel Caballero: “Vigo non ten tren directo de Alta Velocidade a Madrid e non estamos dispostos a asumilo”

A Porta do Sol acollerá mañá ás 20:00 horas un concerto reivindicativo para reclamar que “o tren Vigo-Ourense sexa directo por Cerdedo”.

luns, 25 nov 2024

“Non imos aceptar nunca dende Vigo ter que ir a Madrid realizando unha volta de 100 kilómetros por Santiago” exclamou o rexedor vigués. “Vigo non ten tren directo de Alta Velocidade a Madrid e non estamos dispostos a asumilo”, explicou Caballero, para engadir que a cidade non dispón de esa conexión porque "o PP negoullo, con Aznar, con Feijóo e con Rajoy".

Con este motivo, Caballero convocou á cidadanía a un concerto reivindicativo no que actuará a Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI). A actuación terá lugar na Porta do Sol mañá ás 20:00 horas.

Abel Caballero finalizou remarcando que se trata dun evento para “mostrar a forza de Vigo” e “estar xuntos” na defensa da cidade, xa que “primeiro Vigo, segundo Vigo e terceiro Vigo” concluíu.

Descargar todas as imaxes