Milleiros de persoas achegáronse aos museos na Noite Branca
Abel Caballero cualificou de “éxito” a Noite Branca dos museos de Vigo, “cando milleiros e milleiros de persoas acudiron ás actividades, a descubrir o patrimonio e vivir a cultura”.
“Un éxito”, así cualificou o alcalde a Noite Branca dos museos de Vigo, onde milleiros de persoas achegáronse para participar nas actividades programadas desde as 20 horas ata as 2 da madrugada. “Unha forma de descubrir o patrimonio e vivir a cultura de Vigo”, subliñou.
Todos os espazos museísticos de Vigo acolleron distintas actuacións e actividades gratuítas para todos os públicos, como visitas guiadas, teatro, concertos, danza e obradoiros participativos.
Abel Caballero tamén puxo de manifesto o éxito especial que tivo o piano situado fronte ao MARCO a semana pasada. “Foi un espectáculo, con persoas que interpretaban extraordinariamente versións e moita xente paraba a escoitar”, concluíu.