Abel Caballero: “O xoves actuará en Porta do Sol o grupo cubano Estrellas de Buenavista y más”
O rexedor anunciou esta mañá a actuación coa que “recordaremos momentos importantes da música cubana”. Súmase ao “fin de semana de música” que traerá a actuación de Luz Casal e Aitana.
O vindeiro xoves, 1 de agosto, a Porta do Sol acollerá a a actuación de “Estrellas de Buenavista y mas” dende as 22:30 horas.
Como indicou Abel Caballero, “trátase dunha homenaxe á música do emblemático grupo cubano Boa Vista Social Club”, que está “dirixido por Pancho Amat”, considerado o mellor tresero do mundo.
O repertorio de Estrellas de Buena Vista y Más abarca un amplo abano de xéneros musicais cubanos, desde o son e o bolero ata a guaracha e o danzón. Cada peza interpretada por estes músicos é unha viaxe a través da rica historia e cultura isleña, facendo bailar ao público ao ritmo
de sons caribeños. Cabe destacar que Estrellas de Buena Vista y Más ven de participar na cerimonia de acendido da Antorcha Olímpica de París.
Ademais, Caballero destacou que esta semana teremos actuando en Castrelos a duas artistas referentes como Luz Casal, o venres 2 de agosto, e Aitana, o sábado 3 de agosto.