Abel Caballero: “O martes 6 de agosto póñense á venda as reservas para o concerto de Melendi”
O rexedor destacou que “a gran actuación” que realizará o artista asturiano o sábado 17 de agosto, será “a clausura dos concertos de Castrelos”.
O rexedor destacou que “a gran actuación” que realizará o artista asturiano o sábado 17 de agosto, será “a clausura dos concertos de Castrelos”.
O vindeiro sábado arrincará a montaxe do circuíto onde o 10 de agosto terá lugar o "espectáculo excepcional" da proba de bicicleta de montaña de O Marisquiño, enmarcada no festival da cultura urbana, que se desenvolverá en Vigo do 8 ao 11 de agosto. Así o avanzou hoxe Abel Caballero ao presentar as competición de MBT que se desenvolverá nos dous quilómetros do traxecto entre a fortaleza do monte de O Castro e a Praza do Berbés. “O Marisquiño este ano é a segunda olimpíada, xa que seguramente medallistas de París van estar practicando deporte e competindo en Vigo ”, afirmou.
Abel Caballero anunciou este martes que o Ministerio de Ciencia Innovación e Universidades concedeu, por segunda vez consecutiva, a distinción a Vigo como “Cidade da Ciencia e a Innovación”, outorgada por primeira vez en 2020, en recoñecemento ao esforzo e aposta realizada pola innovación en todos os grandes proxectos que desenvolve o Concello na cidade.
Abel Caballero reuniuse hoxe co novo bispo da diocese de Tui-Vigo, Antonio José Valín. A primeira toma de contacto oficial, celebrada na alcaldía de Vigo, serviu de escenario para que o alcalde reiterara a vontade de colaboración e participación do Concello nos actos da cidade como as procesións do Cristo da Victoria, que terá lugar o domingo 4 de agosto, e a de Semana Santa. Tamén trasladoulle ao bispo que o Goberno da cidade manterá a súa cooperación no mantemento, conservación e restauración de bens, mobles e inmobles de titularidade eclesiástica.
Abel Caballero recibiu a Lola Martínez, a viguesa campioa de cálculo con 10 anos. O alcalde felicitou á moza, que foi capaz de resolver un total de 70 operacións matemáticas en tan só tres minutos e medio no Campionato Mundial de Cálculo Mental Aloha. Na competición participaron un total de 600 nenos de 40 países, que resolveron múltiples operacións matemáticas como restas, multiplicacións, raíces ou potencias. Con todo, Lola foi a única de España na súa categoría, proclamándose campioa do mundo. "Todo un orgullo", afirmou o rexedor.