xoves, 1 ago 2024
O goberno municipal de Vigo aprobará definitivamente mañá o reparcelamento da unidade de Hernán Cortés, na confluencia entre as rúas María Berdiales, Hernán Cortés e Colmeiro Laforet, que pasará a contar cunha praza de uso público de 817 metros, segundo adiantou este xoves Abel Caballero. “Trátase dunha actuación estrutural de mellora importante na cidade de Vigo”, afirmou o alcalde.
xoves, 1 ago 2024
Caballero anunciou que se deseñou un servizo especial nocturno que incrementará as frecuencias da liña N1 que conecta Samil co centro da cidade.
xoves, 1 ago 2024
Abel Caballero saudou este luns aos integrantes de "Estrellas de Buenavista y más" que actuarán ás 22:30 na Porta do Sol. Os músicos e bailaríns de nacionalidade cubana explicáronlle ao rexedor a filosofía do seu grupo, así como o repertorio de temas co que encherán de ritmos caribeños a céntrica praza de Vigo. Sobre o escenario, 13 músicos e bailaríns animarán a primeira noite do mes de agosto.
xoves, 1 ago 2024
Abel Caballero louvou a acción de dous axentes da Policía Local de Vigo que salvaron a vida dun home en parada cardiorrespiratoria. O feitos sucederon na céntrica rúa Príncipe, cando a central de comunicacións da Policía Local recibiu o aviso dun home indisposto na vía pública. Os policías se trasladaron ata o lugar de inmediato e iniciaron o protocolo de actuación establecido, que mantivo con vida ao varón de 66 años ata a chegada da ambulancia. Amais, o coche da Policía Local abriu paso á ambulancia no percorrido ata o Hospital Álvaro Cunqueiro. O alcalde felicitou aos axente por su bo facer. A dotación de equipos de reanimación cardiopulmonar por parte do Concello nos vehículos policiais xunto aos cursos de formación e actualización do cadro de persoal son pezas son a base do resultado favorable nestas intervencións.
xoves, 1 ago 2024
Caballero mantivo unha xuntanza coa directiva da Escola Deportiva Vigo 2015 de Fútbol Sala. O equipo presentou ao alcalde como proxectan a nova temporada, na que esperan acadar éxitos. O equipo xuvenil milita na máxima categoría nacional, sendo o único equipo vigués nesta clasificación.