Escoitar

Abel Caballero: “O martes 6 de agosto póñense á venda as reservas para o concerto de Melendi”

O rexedor destacou que “a gran actuación” que realizará o artista asturiano o sábado 17 de agosto, será “a clausura dos concertos de Castrelos”.

mércores, 31 xul 2024

O alcalde deu a coñecer hoxe os datos para adquirir a reserva de entradas para a platea no concerto que Melendi terá na cidade, que se celebrará o sábado 17 de agosto.

A venda para o derradeiro dos concertos do “Vigo en Festas 2024”, terá lugar o vindeiro martes 6 de agosto, seguindo o novo sistema posto en marcha nesta edición, polo Concello de Vigo. Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades, 4000 de xeito presencial no auditorio de Castrelos e 1000 en liña.

Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas). En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online.

Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva. No caso do artista portorriqueño o prezo será de 15€.

Programación musical desta semana

Abel Caballero tamén fixo repaso da extensa programación musical, que leva a cabo o Concello de Vigo, ao longo desta semana. O rexedor sinalou que esta tarde, ás 20:00 horas, terá lugar a actuación infantil “Las orejas de mariposa”, no Auditorio de Castrelos.

O xoves ás 22:30 horas, “actuará en Porta do Sol o grupo cubano Estrellas de Buenavista y más”, que como resaltou o rexedor, “veñen de tocar na cerimonia de inauguración dos Xogos Olímpicos”.

Ademais, Caballero destacou que esta semana tamén teremos actuando en Castrelos a duas artistas referentes como Luz Casal, o venres 2 de agosto, e Aitana, o sábado 3 de agosto.

Descargar todas as imaxes