Escoitar

Conmemoración do recoñecemento Internacional de Galicia como Nacionalidade

Vigo conmemora o día 18 o setenta aniversario da participación de Galicia no IX Congreso de Nacionalidades Europeas, no que foi proclamada como unha nacionalidade.

mércores, 17 set 2003
1063816574bamdera.gif
*
Os actos que se celebran están organizados polo IGADI-Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, co apoio da concellería de Cultura do Concello de Vigo.

O programa é o seguinte:
19,30 h, Colocación dunha placa conmemorativa en Reconquista, 11 (a carón da Casa das Artes), coa intervención musical de Paulo Nogueira e Antón López, gaiteiros do grupo Treixadura. A peza foi deseñada por Alvaro Alvarez Blázquez e esculpida por José Molares. No acto intervirá Francisco Fernández del Riego e o concelleiro de Cultura, Santiago Domínguez Olveira.

20,00 h,Acto cívico conmemorativo no Auditorio do Centro Social Caixanova,coa intervención de Xulio Ríos, Xosé González Martínez, Xosé Luis Rodríguez Pardo, Ramón Villares, Ramón Lugrís, Isaac Díaz Pardo e Francisco Fernández del Riego. A presentación corre da man de Carmen Vaquero.

Para rematar haberá unha interpretación musical a cargo da Coral Polifónica da Asociación Máximo Gorki de Solidariedade entre os Pobos coa peza "Si chove deixa chovere" de Peter Hena, e o Himno Galego.
Descargar todas as imaxes