xoves, 18 setembro 2003

Vigo celebra á campaña "A cidade sen meu coche"

O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transporte, Xulio Calviño, presentou a campaña"A cidade sen o meu coche" que se celebrará as días 21 e 22 de setembro e que este ano céntrase na "accesibilidade". "Consiste nunha xornada de concienciación dirixida á cidadanía para que reflexione sobre a utilización do vehículo privado", explicou Calviño.

O Concello facilita autobuses gratuítos durante a fin de semana para achegarse ao recinto feiral do Ifevi

xoves, 18 set 2003

As persoas que asistan á Feira Mundial da Pesca a fin de semana poderán acceder nos autobuses gratuítos que o Concello habilitará para facilitar que todos os cidadáns podan achegarse a un acontecemento tan importante para Vigo. Deste xeito, dúas liñas lanzadeiras funcionarán o sábado e o domingo a partir das 9:25 da mañá para facilitar o acceso ao recinto feiral da World Fishing Exhibition.

As mulleres beneficiarias do proxecto "Abeiro" completarán a súa formación con prácticas en centros e residencias da cidade

xoves, 18 set 2003

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Lois Pérez Castrillo, ven de asinar convenios de colaboración con diferentes centros e residencias que traballan con persoas da terceira idade e con enfermos mentais no sector de servicios de atención as persoas, co obxecto de que cincuenta e catro mulleres das que participan no proxecto "Abeiro" fagan as súas prácticas profesionais.