A "Batalla das Flores" celebrarase no mes de maio coa colaboración das entidades socioculturais e empresariais da cidade
O Concelleiro de Cultura, Santiago Domínguez, mantivo unha comida de traballo con diversos representantes de entidades socioculturais e persoalidades da cidade de cara configura-lo comité organizador do evento.
Nesta primeira toma de contacto participaron membros da Federación Veciñal "Eduardo Chao", da Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" e da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, así como persoalidades do mundo da cultura entre os que cabe destacar Lalo Villar, cronista oficial da cidade. Tamén estivo presente Enrique Pazos, decorador de carrozas nas últimas edicións da Batalla das Flores e gañador de diversos premios.
Iniciouse o xantar cun repaso da historia do evento. Poideronse revisar reportaxes procedentes de "El Pueblo Gallego" en 1925 ou fotografías do Arquivo Pacheco que chegaban ata a última edición en 1974. Tamén se comprobou que se trataba do acto festivo máis salientable de Vigo despois da Procesión do Cristo da Victoria, chegándose a cifrar en 70.000 os participantes.
Entre os temas a tratar no xantar destacaron a fixación da data no mes de maio, coincidindo coa celebración do mes das frores, así como a organización dun programa festivo que ocupe un fin de semán completo.
O trazado do desfile das carrozas tamén foi abordado, vendo oportuno o emprego do percorrido orixinal na rúa Policarpo Sanz e aledaños.
Está previsto, así mesmo, que a primeira edición teña unha marcada orientación de recuperación do evento cultural, para en seguintes edicións enfocala cara o concurso.
Para lograr esta recuperación, plantexouse que a principios do mes de outubro se constitúa formalmente o comité organizador e que se inicie o proceso de implicación de entidades socioculturais e empresariais da cidade.