Escoitar

A Casa da Xuventude acolle unha exposición de arte froral

O mércores dará comezo unha mostra na Casa da Xuventude titulada "Florart", de cargo de María Moares e que forma parte do programa "Mirarte" da Concellería de Xuventude.

martes, 16 set 2003
Nesta ocasión poderase disfrutar por primeira vez nesta Sala de Exposicións de arte realizado con flores: cadros e composicións en plano e adornos elaborados con follas e flores secas que
combinadas entre sí compoñen as obras que van expoñer.

As obras permanecerán expostas ata o venres 26 de setembro e poderán
contemplarse de luns a venres en horario de mañás de 10 a 14 horas e
pola tarde de 17 a 21 horas na Casa da Xuventude na rúa López Mora nº
31.

Mirarte

O programa Mirarte pretende que a sala de exposicións da Casa da Xuventude sirva de marco para calquera mostra de interese xuvenil e, á vez, de plataforma de lanzamento de novos artistas. En definitiva, é un foro de expresión ó servicio dos novos valores e un espacio para a creatividade artística.

Mirarte é o lugar adecuado para desenvolver novas vocacións e descubrir valores emerxentes. Os artistas atopan neste programa a posibilidade de camiñaren polos riscos do atrevemento ou de entregárense a calquera causa con fundamento. Nesta sala de exposicións municipal teñen cabida distintos xeitos de creación artística, que abranguen dende o debuxo ou a pintura ata manualidades ou traballos de obradoiros.