Escoitar

Caballero anuncia o inicio da licitación da humanización de viarios no rural

A Xunta de Goberno aprobará este xoves a humanización dunha vintena de rúas cunha inversión de 1.284.000 euros.

mércores, 8 feb 2023
Arquivo: Abel Caballero no inicio da humanización da Estrada José Rivas en Coruxo
Arquivo: Abel Caballero no inicio da humanización da Estrada José Rivas en Coruxo

Vigo seguirá a humanizar o seu rural e adicará 1.284.000 euros para o asfaltado e mellora de rúas nas parroquias. O prazo de execución é de 7 meses.

O alcalde anunciou que o goberno local actuará en Camiño Pousa (Castrelos), Camiño Couto (Beade), Camiño Rioboo (Salgueira), Baixada Salgueira (Salgueira), Fuchiños (Oia), Estrada José Rivas (Coruxo), Camiño Caringosta (Alcabre), rúa San Paio (Navia), Camiño San Xurxo (Saiáns), rúa Penís (Cabral), rúa Párroco Don Serafín (Teis), rúa Cantabria (Teis), rúa Fonte Escura (Lavadores), Camiño Sabaxáns (Lavadores), Camiño Sampaio de Abaixo (Sampaio), rúa Parrocha (Bembrive), Camiño Besada (Candeán), rúa Vista do Mar (San Xoán).

Descargar todas as imaxes