luns, 6 feb 2023
O goberno local reforzou a capacidade do albergue habilitando seis camas máis no piso básico dadas as previsións de baixas temperaturas. O dispositivo de frío segue operativo coa unidade de rúa distribuíndo bebidas quentes e mantas.
luns, 6 feb 2023
Durante o ano 2022, o persoal municipal atendeu sen cita a 53.517 persoas. Abel Caballero sinalou que todas a persoas que acoden ás dependencias municipais para realizar algún trámite administrativo “son atendidas” aínda que non dispoñan de cita previa.
luns, 6 feb 2023
Abel Caballero mantén este luns unha reunión cun grupo de profesores e profesoras de alemán da cidade para abordar a posibilidade de estender o programa de bolsas de inglés a alumnado do idioma xermano.
luns, 6 feb 2023
Abel Caballero e o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, presentaron aos arquitectos finalistas da reconversión do edificio de López Mora no laboratorio cuántico, un espazo de negocios e empresarial, un centro de formación e unha biblioteca. Os finalistas son o Estudo Carme Pinós; a UTE Patxi Mangado y Asociados y Pablo Menéndez; a UTE Irisarri-Piñera y Elizabeth Abalo Díaz con Gonzalo Alonso Núñez; así como a UTE de José Manuel Casabella con Esteban Bonell, José María Gil Guitart e José Luis Martínez Raído.