Os xulgados avalan a compensación municipal a Vitrasa por la inoperatividade en pandemia
Unha sentenza vén de dar a razón ao Concello nas decisións que adoptou para compensar a Vitrasa pola inactividade imposta nos tempos de pandemia. A empresa reclamaba máis de 19 millóns pero o Concello estableceu unha indemnización de 5,5 millóns aproximadamente, ademais de prorrogar 5 años o contrato.
Abel Caballero deu conta esta mañá dunha sentenza do Contencioso Administrativo que desestima o recurso interposto por Viguesa de Transportes S.L. contra o Concello. Vitrasa reclamaba 19.253.893 euros -máis intereses- como indemnización por la inoperatividade en tempos da pandemia. A resolución, á que cabe recurso, desestima na súá totalidade esa pretensión. Tal e como explicou o rexedor, a sentenza avala as dúas decisións adoptadas polo Concello para paliar o desequilibro financeiro xerado pola imposibilidade parcial de execución do contrato na época Covid. Concretamente, o goberno local ampliou en 5 anos a concesión e estableceu unha compensación económica de 5.697.084,20 euros.